sábado. 15.02.2025
El tiempo

O pleno de Corcubión aproba o POS por unanimidade e realiza o relevo de dous edís

Goberno local Corcubión BNG 2025
O alcalde corcubionés cos edís do BNG entrantes e saíntes
O pleno de Corcubión aproba o POS por unanimidade e realiza o relevo de dous edís

O Pleno da Corporación de Corcubión, en sesión celebrada este martes 4 de febreiro, aprobou por unanimidade a proposta do equipo de goberno do BNG, de participación no Plan Único da Deputación da Coruña (POS+ 2025), no que se inclúen as seguintes actuacións: 

  • Mellora do saneamento e pavimentación da rúa Cruceiro de Valdomar (74.474,69 euros) 
  • Subministración e colocación de equipamentos nos parques infantís da praza Agra da Ribeira e da área recreativa de San Roque (24.223,18 euros) 
  • Gasto corrente (95.794,99 euros) 

Ademais, quedou aprobado o Plan Complementario da Deputación, que contempla a mellora de saneamento e pavimentación na beirarrúa da Avenida da Constitución, por importe de 42.049,42 euros. 

Relevo

Na sesión plenaria fíxose efectiva o relevo de dous concelleiros do grupo de gobero, María Bella e Lois Lado, por Pilar Tubío e Juan Carlos Cristino.

O POS 2024:

Comentarios