Venres. 29.03.2024
El tiempo

O pleno de Corcubión lembrouse de Darío Xohan Cabana

O pleno de Corcubion lembra a Dario Xohan Cabana
O pleno de Corcubión gardou un minuto de silencio por Darío Xohán Cabana
O pleno de Corcubión lembrouse de Darío Xohan Cabana

Preguntaba a semana pasada Miro Villar en QPC se Corcubión esquecera a Darío Xoán Cabana. Falecido hai uns días, foi un dos escritores e tradutor máis importantes da nosa literatura, e académico da Real Academia Galega. Lembraba Miro que estivo exercendo como garda municipal na vila de San Marcos entre 1983 e 1987.
De aí a necesidade de gardar un recordo, que se levou a cabo no pleno do pasado venres 19, a petición do grupo Sempre Corcubión, a corporación gardou un minuto de silencio na memoria e recoñecemento da labor de Darío Xoán Cabana.

"Unha persoa achegada á tertulia cos veciños e veciñas, así como a lembranza do seu labor como municipal onde deixaba unha nota de preaviso nos parabrisas dos coches mal aparcados cunha poesía. Unha forma de actuar que deixa ver a maneira de entender e vivir a vida , de xeito máis humano", conta o concelleiro Alfredo González, que ben o coñecía.
 
 

Comentarios