Preguntan polo coche do Policía Local, xubilado hai 3 anos, de Corcubión
Van para 3 anos dende que o Policía Local de Corcubión se xubilara. E non parece que o Concello vaia reemprazar a súa praza, pois nin os orzamentos nin mesmo a polémica Relación de Postos de Traballo (RPT) recolle esa figura. Durante todo este tempo, semella que o coche de Policía Local está aparcado nunha dependencia municipal.
Ante esta situación, a Federación de Atención á Cidadanía da Uunión Sindical Obreira A en Galicia (FAC-USO Galicia) pregunta á Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) e á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (DXEI) pola súa situación.
Aseguran que as bases reguladoras, que permitiron ao Concello de Corcubión adquirir ese vehícuco en 2015, debería obrigar cando menos ao Concello a informar sobre “quen, como, cando e onde está sendo utilizado o vehículo”.