Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Primeiras queixas pola “Autopista" ao Faro de Corcubión

Senda Peonil ao Faro Corcubion
Primeiras queixas pola “Autopista" ao Faro de Corcubión

Primeiras reaccións públicas ante a inminente posta de longo da nova “Senda do Faro C”. Cun investimento de 1 millón de euros da Deputación realizouse unha ambiciosa obra, para moitos veciñ@s excesiva, ampliando o vial que chega ao cabo.

As primeiras queixas chegan do grupo Sempre Corcubión, que califica a obra de “decepcionante pois limitouse a facer unha estrada de asfalto e desdobre da mesma, sen pensar nin na seguridade peonil nin na integración paisaxística da mesma”.

Á espera de que as obras sexan rematadas (tiña que estar lista antes do verán xa pasado), o grupo pregúntase “onde están as beirarrúas para realizar andainas saudables”.

Estrada ao Faro C

”Un millón de euros para concluir cunha expropiación de terreos e unha autopista de asfalto sen seguridade peonil, pouco integrada na paisaxe, só desdoblada para dar facilidades aos coches e sen pensar nas sinerxias aproveitables como pode ser o sendeirismo e o valor extra dun entorno natural e saudable”, critica Alfredo González.

Novas relacionadas

Comentarios