Venres. 30.10.2020
El tiempo

QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010

QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010
Cada ano a Asociación de Empresas Galegas adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) entrega os seus premios tecnolóxicos. Uns premios que este ano rexistran un éxito histórico de participación nos Premios Eganet 2010 e xa están consolidados como referente no sector TIC en Galicia. Así, máis de 260 candidaturas de 87 profesionais, asociacións, organizacións empresariais, ONGs, entes públicos e centros de ensino compiten este ano polos galardóns que convoca Eganet desde hai sete anos. A gala de entrega, que será dirixida por un coñecido da bisbarra, Fran Hermida, será este mércores 22 de decembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela. Alí estarán, como finalistas, a empresa corcubionesa Galinus e o seu "fillo", o diario dixital da Costa da Morte quepasanacosta.gal.

QPC polo premio de Inclusión Dixital

A empresa Galinus presentou o proxecto QPC ao Premio de Inclusión Dixital, incindindo no feito de que a A Costa da Morte é a segunda zona de Galicia con máis baixa incidencia da internet. Deste xeito, o diario dixital Quepasanacosta serve de dinamizador da rede, achegando contidos de actualidade, de recuperación histórica... a toda a bisbarra. Con ese sentido naceu QPC aló por agosto de 2007, ocupando o baleiro que había na rede costeira, informando en tempo real da actualidade social, política, cultural e deportiva da bisbarra. Nestos 3 anos, QPC xa ten creado ao seu redor unha verdadeira comunidade, o que permitiu o desenvolvemento de varios proxectos paralelos de interese social, convertendo a QPC en algo máis que un xornal dixital. A aposta clara polo Xornalismo Cidadán é outra das causas polas que QPC está na final, así coma todos os Servizos QPC que ofrecemos como Axenda Costa da Morte, Salvacadelos, os Horarios de Autobuses, Recunchos da Costa, ou o Boletín da radiONeria. QPC xa é unha das 4 propostas máis significativas da categoría "Inclusión Dixital" á que se presentaron un total de 64 candidaturas. E deste xeito, só podemos darvos as gracias de novo a todos os que facedes posibles este proxecto, coma fixemos no acto de presentación do Novo QPC.

Premio Publicidade e Marketing OnLine

Xa o ano pasado Galinus foi finalista ao Premio de Publicidade Online pola campaña de MardeLira. Este ano a empresa chega como finalista cunha aposta propia. A Reforma de Galinus e todos os videos creados como campaña de marketing viral da propia empresa, competirán coas empresas Interacción, Elogia Media e Paco&Lola Albariño.

Máis finalistas da bisbarra

E hai outra proposta finalista con claro sabro costeiro. Xa un habitual destas galas, a empresa santiaguesa Sixtema, na que traballa o corcubionés Alejandro Lamas, será un dos 4 candidatos ao premio "Software, Multimedia ou Web" co seu Ikimap.

Finalistas aos Premios Eganet 2010

Categoría: E-Emprendedores

Empresa
ONTOUCH NUEVA TECNOLOGÍA PUBLICITARIA
A NAVALLA SUÍZA
ENXENDRA TECHNOLOGIES
P WEB SERVICES

Categoría: Software, Multimedia ou Web

SIXTEMA iKimap
CONFIRMSIGN Confirmsign
EDITORIAL GALAXIA / PERRO VERDE FILMS / MILRAYAS ContoPlanet
REDENASA.TV e A NAVALLA SUÍZA Redenasa.tv

Categoría: Inclusión Dixital

SIGNO INGENIERÍA DEL TERRITORIO Guía de turismo accesible para Internet e Teléfonos móbiles
VMODAL INTERACTIVE RuraisLAB
GALINUS TALLER DE NOVOS MEDIOS Que Pasa na Costa
FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS DE PROVINCIAS (FEGAMP) Inmigración Galicia

Categoría: Publicidade e Marketing OnLine

INTERACCIÓN Os Crebinsky
ELOGIA MEDIA El caso no resuelto de Canon City
GALINUS TALLER DE NOVOS MEDIOS A Reforma de Galinus
PACO & LOLA ALBARIÑO Estratexia de marketing online do Albariño Paco & Lola

Categoría: E-Commerce

KNS EDICIONES S.C./ AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS KNS Ediciones
DOSMASDOS SOLUCIONES INFORMÁTICAS NOD32 Antivirus
VISUAL PUBLINET Gestor de reservas aparcamiento PARKEVOA
LONXA CULTURAL Toupa.net

Categoría: Administracion Electrónica

BIT OCEANS RESEARCH Fividoc. A firma electrónica en papel
ENXENDRA TECHNOLOGIES Plataforma de factura electrónica
IMATIA INNOVATION CIVIDAS
IMAXDI REAL INNOVATION Imaxdata digital pen

Categoría: Educación Dixital

CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA E COLEXIO RURAL AGRUPADO DE BOQUEIXÓN-VEDRA Comunidades Rurais virtuais
CEIP NÉTOMA-RAZO,CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO, CEIP O GRAXAL O Campo da Feira
COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA Navegando con rumbo
INTERACCIÓN / IMAXÍN O valor de IGU

Categoría: Mellor Ambiente Laboral

ARUME DESENVOLVEMENTOS INFORMÁTICOS
HACCE SOLUCIONES TIC
COREMAIN
LABORO, INGENIERÍA DEL SOFTWARE

Premio ESPECIAL

ALTIA CONSULTORES

Máis información

Novas relacionadas

Proxectos Audiovisuais de Galinus.tv

Fonte

comentarios