venres. 26.12.2025
El tiempo

A radiONeira leva a maxia das ondas ás escolas da comarca de Fisterra

Radio Escolar coa RadiONeria copia 1
A radio no cole de Fisterra con Marta Lado
A radiONeira leva a maxia das ondas ás escolas da comarca de Fisterra

Fermosa a iniciativa que está desenvolvendo a radiONeria polas escolas da comarca de Fisterra. A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña está achegando a maxia das radio aos centros de educación infantil e primaria.

É Toño Casais, actual salvagarda da emisora municipal de Corcubión, o que está a desenvolver diversas accións para poñer en valor o patrimonio artístico en cada unha das vilas que visita. Desde o inicio de curso, a Asociación Cultural Radio Neria estivo a traballar cos distintos centros de ensino para encamiñar un proxecto de investigación por parte do alumnado dunha figura local, co obxectivo dar a coñecer a súa vida, traxectoria e obra.

Radio Escolar coa RadiONeria copia 3
Con Laura Suárez

O alumnado decidiu centrar o seu traballo na actriz e escritora Marta Lado en Fisterra, a ilustradora Laura Suárez en Dumbría, na mestra, música e escritora Rosalía Fernández Rial en Muxía, no poeta mariñeiro Xosé Iglesias en Cee, e profundizouse na historia das Xaviñanas en Corcubión. Tódolos traballos se levaron a cabo nos distintos centros de ensino: CEIP Praia de Quenxe de Corcubión, CEIP Vila de Cee, CEIP Mar de Fóra de Fisterra, CEIP Virxe da Barca de Muxía e no CEIP Santa Eulalia de Dumbría.

Estes programas van poder ser escoitados en Radio Neria, a emisora municipal do Concello de Corcubión o mércores 24 de decembro ás 11:00 a través do blog da emisora radioneria.blogspot.com. Ademais, van ser subidos aos perfís que Radio Neria ten en Ivoox e Spotify.

Radio Escolar coa RadiONeria copia
Radio Escolar da RadiONeria
Radio Escolar coa RadiONeria
Toño Casais coa Radio Escolar coa RadiONeria

Máis novas da radiONeria

Comentarios