RadiONeria revive gracias á EMUGA e con Toño Casais á cabeza

Desta volta, e gracias a unha axuda conseguida pola Rede de Emisoras Municipais (EMUGA), (cómpre agradecer o compromiso do seu presidente Henrique Sanfiz) a radio consegue contratar durante 10 meses unha persoa.
E quen mellor que Toño Casais para desenvolvelo. Auténtica canteira da radio (precisamente esa capacidade formativa é unha das grandes potencialidades esquecidas nos últimos 8 anos de goberno socialista) o mestre da Escola de Teatro de Corcubión, e membro da compañía Talía Teatro, medrou pegado á emisora municipal da súa vila veciña, demostrando que a radiONeria é un verdadeiro tesouro comarcal.
Se a día de hoxe xa hai unha ducia de voluntarios creando programas (tamén se pode escoitar pola rede dende o blog da emisora), a primeira chamada realizada dende a emisora para recibir voluntarios que queiran participar foi todo un éxito, como se pode ver no selfie realizado por un ilusionadisimo Toño, que nos confirma que hai ademais outra boa marea de xente disposta a botar unha man.
Xa sabedes, no 107.8FM nas terras de Corcubión e Cee (e se cadra algo de Fisterra) e por Corme a través das ondas libres de Radio Roncudo (106.1FM), e sempre en radioneria.blogspot.com.