domingo. 04.05.2025
El tiempo

As aulas trasládanse ao mar

Xogando co vento-O Mar a vela Corcubion 2025
As aulas trasládanse ao mar

Segue avanzando o pioneiro programa “O Mar Na Escola 2025 - Xogando co Vento", e a maioría do alumnado participante xa realizou a sesión de Teoría nos Centros escolares e as primeiras sesións de mar.
Trátase dos 330 alumn@s dos centros escolares de Cee (CPR Manuela Rial Mouzo), de Dumbría (CEIP Santa Eulalia), de Fisterra (CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta e CPR Nª Sª do Carmen) e de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe).
Este ano, ademais o programa coordinado por Cataventos Escola de Vela, conta cunha nova incorporación; o CEIP Pepe de Xan Baña de Santa Comba. Á dirección do centro escolar pareceulle que o programa seria enriquecedor para os seus alumnos e solicitou para participar en programa, chegando a un total de 378 alumnos de toda a comarca.

A primeira fase desenvolveuse traend o mar ás aulas, gracias aos profesores e técnicos deportivos implicados en incluír o mar no currículo de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Educación Física dun xeito innovador e próximo. O programa teórico inclúe unhas sesións previas cuxo obxectivo é familiarizar aos alumn@s co mundo mariño a través de sesións formativas sobre: A vida no mar,
o seu coidado e conservación; A acuicultura que é, a importancia da acuicultura e a súa convivencia coa pesca para a sustentabilidade e a conservación dos ecosistemas naturais, ademais de para a economía das nosas zonas costeiras; A observación da nosa contorna antes de saír a navegar, axudarlles a entender as mareas, as correntes e o Vento, así como os elementos de medición das mesmas.

Xogando co vento-O Mar a vela Corcubion 2025 2


A partir de agora chega o máis divertido.
Nos meses de maio, xuño, farano as sesións de mar os alumnos dos centros escolares de Cee (CEIP Vila de Cee) dos centros de Carnota (CEIP do Pindo, CEIP de Carnota) e de Muxía (IES Ramón Caamaño, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muíños e CEIP Villarmide).
Nestas primeiras saídas ao mar, os alumno utilizaron barcos de vela lixeira e kaiaks de mar. Ademais, no barco escola aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e teñen a oportunidade de practicar manobras nos distintos postos de abordo (temón, foque, maior, facer banda).

Concurso Stolt Sea Farm

Os alumnos ultiman tamén os detalles para a entrega dos debuxos para o VII CONCURSO DE DEBUXO Stolt Sea Farm 2025 “O rodaballo Prodemar: Saudable e Sostible” xa que o prazo finaliza a finais de maio.
En xuño notificarase vía email a todos os centros escolares participantes cal foi o debuxo escollido como gañador, que conseguirá visita a unha das instalacións de Stolt Sea Farm na comarca para toda a clase do gañador e un Kit de merchandising.

Máis novas

Comentarios