Reanuda a súa marcha o quimiqueiro fondeado en Fisterra
          
    19:18 10/02/16 
            
 O pasado luns o Huseyn Javid fondeou en Fisterra por problemas nas súas máquinas. Imaxe: David Trillo
Sobre as 5:30 horas desta madrugada o buque Huseyn Javid abandonou Fisterra despois de que o pasado luns tivese que afondear aquí ao presentar problemas na súa maquinaria.
Segundo fontes de Salvamento Marítimo, o quimiqueiro deixou atrás o buque de abrigo de Fisterra reanudando a súa navegación cara Ámsterdam. O Don Inda, que prestaba labores de auxilio desde que alertou dos problemas na súa maquinaria, regresou xa á súa base.
O buque, con bandeira de Malta e que transportaba parafina, alertou por problemas na súa maquinaria frente á costa de Fisterra o luns e solicitou o apoio para aproximarse a terra. O Huseyn Javid, con 16 tripulantes a bordo, saíra do porto turco de Aliaga con destino a Ámsterdam.
En total, o quimiqueiro pasou algo máis dun día fondeado fronte a Fisterra mentras se levaban a cabo as labores de reparación da súa maquinaria, o que lle permitiu tamén estar nunha zona de abrigo durante o temporal de nivel vermello que afectou nas últimas horas á costa galega.
 
Novas relacionadas:
- Un quimiqueiro fondea en Fisterra por problemas cas máquinas
 - #12anosdoPrestige40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra
 - A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte
 
Máis novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
 - EuropaPress