Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Recuperando o legado do galeguista Plácido Castro del Río

Recuperando o legado do galeguista Plácido Castro del Río
Fundacion-Placido-Castro-Del-Rio Plácido Castro, no Castelo do Príncipe, a comezos do século XX.[/caption]

Plácido Ramón Castro del Río, cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista. Algo que non pasara desapercibida naquela Elección do persoeiro histórico máis importante da Costa que artellamos en QPC e onde esta figura estaba entre os 3 candidatos do Concello de Corcubión.

Creada en 2014, a Fundación Plácido Castro ten por obxecto a reivindicación da figura, obra e pensamento do galeguista, cosmopolita e xornalista. E dada a vinculación do autor coa zona de Corcubión e arredores, quérennos facer partícupe do seu legado. No Padroado está o concelleiro José Antonio Louro Pais, acompañando a xentes de Cambados e Vilagarcía, as outras vilas vencelladas á vida de Plácido.

Un documental

Aquí vos deixamos con este documental sobre a figura desta personaxe tan importante no #galeguismo:

Máis información

comentarios