venres. 23.05.2025
El tiempo

A Redonda vivirá unha emocionante xornada interxeracional a través do agro

Accions na redonda interxeraciona Feira Saberes e Sabores
A Redonda vivirá unha emocionante xornada interxeracional a través do agro

Este vindeiro venres 23 de maio as tres asociacións parroquiais de San Pedro de Redonda (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro de Redonda) danlle continuidade ao proxecto "A Feira achégase ao Cole". Unha iniciativa que segue a estela da Feira O Sabor e o Saber da Aldea, que tanto éxito tivo o verán pasado, e que trata de unir xeracións a través do campo.

Nun novo evento nomeado como "O Cole achégase á Feira" os raparigos e raparigas do CEIP Praia de Quenxe poderán disfrutar de diversas actividades que se seguen desenvolvendo nas aldeas da parroquia. O alumnado visitará en concreto a aldea de Quenxe onde poderán coñecer as antigas cortes xunto cos animáis que habitan nelas. Visitarán de feito, unha das últimas granxas da zona, que conta 8 vacas onde comprobarán de onde vén o leite. E dende a granxa, e facendo de pastores, con cabalos e unha cabra, irán coas vacas ata unha pradeira.

Precisamente na pradeira, vivirán un encontro interxeracional moi especial, baseado ademais na cultura do troco. Durante estas semanas todos os veciños e veciñas da parroquia de San Pedro de Redonda intercambiarán debuxos propios e feitos da súa man ao alumnado do colexio e a guardería de Corcubión (incluindo o profesorado) a cambio dunha tarxeta cunha frase falando da Feira.
Invirten así o troco realizado en "A Feira achégase ao Cole", onde os rapaces cambiaron os seus debuxos por productos naturais pertencentes ao campo dos parroquianos.

En total dende a veciñanza non só se conseguiu realizar un debuxo para cada neno e nena (uns 130) se non que se realizaron moitos máis. Así, cos traballos restantes farán unha exposición porque nos parece un proxecto moi bonito, e con moito sentimento, como todo o que sae desta iniciativa.

Debuxos dos maiores de Corcubion Feira Saberes e SAbores
Algúns dos debuxos feitos polos maiores da Redonda

 

Ademáis, todos e todas poderán volver a degustar os productos realizados polos parroquianos con moito mimo, como poden ser roscas, tortillas, empanadas ou chulas de coco. Por suposto non podería faltar, coa colaboración de Granxa Moreira, o leite e iogures de alta calidade e naturais, km0.

Dende as tres asociacións reiteran o seu agradecemento e o valor de todo o traballo realizado, non só por todos os participantes se non tamén pola colaboración do Colexio e da ANPA Alen.

Máis novas

As ferramentas volveron ao campo na Redonda. O orgullo de aldea recuperou a comunidade

Comentarios