A Redonda prepara o Campo de San Roque para degustar O Sabor da Aldea

Queda menos para este sábado 3 de agosto, cando o Campo de San Roque (Corcubión) viva unha xornada moi especial. Os veciños e veciñas da parroquia de San Pedro de Redonda xa están realizando os preparativos para a Feira O Saber Sabor da Aldea.
Dende o luns están a construir unhas casetas de madeira onde a parte de expoñerse parte da ferramenta e produtos típicos da zona de hai 70 anos, tamen estarán varios artesáns.
Os profesionais que se encontrarán na feira son Luis do Río (cesteiro), José Roberto (artesan de tamboriles e pandeiretas) e Maricarmen (artesa especializada en sombreiros de palla).
Outro dos grandes atractivos dese día será a comida típica. Non faltarán as sardiñas, empanadas, tortillas e bolos preñados, todos eles elaborados co mimo propio dos produtos caseiros.
E para os máis larpeiros tamén estarán presentes as filloas e follados con touciño elaboradas pola Asociación Filloas da pedra da Baña, ademáis de contar con Granxa Moreira de Frixe e os seus xa famosos xeados e iogures quilómetro cero./p>
Como non poderia faltar, as bebidas e parte da comida estarán a cargo de Alberto, dono do coñecido Recunquiño 2.
Dende as tres asociacións da parroquia de San pedro de Redonda agradecen a todos os nomeados a sua participación e ilusión nesta Feira tan importante para o sentimento de todas as aldeas.