Sábado. 07.09.2024
El tiempo

As ferramentas volveron ao campo na Redonda. O orgullo de aldea recuperou a comunidade

Cantareiras corcubionesa na Feira Sabor de Aldea da Redonda
Cantareiras corcubionesa na Feira Sabor de Aldea da Redonda
As ferramentas volveron ao campo na Redonda. O orgullo de aldea recuperou a comunidade

Moito sentimento, moita paixón, moita sensacion de comunidade a que se viviu este pasado sábado no campo de San Roque. A veciñanza da parroquia da Redonda organizou unha xornada para recuperar os tempos de antes, coa que sementou unha colleita de amizade, de confraternización.

A feira O Sabor e o Saber da Aldea foi toda unha revelación das ferramentas de antano. As Asociacións de Veciños do Lugar de Quenxe, de San Roque e de San Pedro de Redonda sacaron aquelas ferramentas que levaban semanas repinicando nos faiados para ser rescatadas, e coa filosofía dos antergos, desenvolveron unha feira cargada de traballo colaborativo, de esforzo común.

Ferramentas na Feira Sabor de Aldea da Redonda

Durante toda a semana anterior, a veciñanza compartiu a experiencia vital de montar a feira. Man a man, convertiron o campo de San Roque, o que sempre acolle a espectacular Festa de San Pedro, nunha eira chea de sabedoría e experiencia. Loitando contra a dispersión social que vivimos na sociedade de hoxe en día, a veciñanza uniu forzas para recuperar ese traballo común na agra, que aínda se mantén tivo en moitos lugares do noso rural costeiro, onde os veciños se axudan entre eles para sementar o millo, para cortar a leña e traela do monte, para a colleita…

As xentes que se pasaron pola eira sentiron esa sensación de comunidade, baixo un ambiente moi familiar. Tamén o sentiron os artesáns Luís do Río, a sombrereira Maricarmen ou José Roberto, que recoñecían terse sentido moi cómodos, e ter vendido moito, dispostos a repetir na quenda do ano que vén.

Como non pode ser na vila de San Marcos, a música foi a outra protagonista. Houbo grupo de música tradicional, pero as grandes voces foron as das artistas locais, co Grupo de Baile Xaldón e as cantigas da Universidade Popular de Corcubión compartindo escenario.

A acollida foi fantástica, como se dá conta de que as prestixiosas Filloas da Baña agotaron existencias ás 18:00h, ou os momentos de recarga que tiveron que adiantar dende a cantina.

Así, rematou esta primeira sinxela e humilde experiencia que serviu de recoñecemento a esa xeración de labregos que sempre levaron en alto o seu orgullo de aldea.

Comentarios