Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O renacido Casino de Corcubión quedou pequeno para a estrea da mostra fotográfica

Exposicion fotos historicas no Casino de Corcubion
O renacido Casino de Corcubión quedou pequeno para a estrea da mostra fotográfica

Quedou pequeno o renacido Casino de Corcubión para a inauguración da exposición “Corcubión naqueles tempos”. Luís Corral e Suso Blanco, presentaron o sentido desta exposición permanente de fotografía histórica que lucirá o Centro Recreativo Cultural de Corcubión, que foi o corazón cultural da vila durante décadas, e que gracias ao novo impulso volve coller protagonismo.

Máis de 60 persoas, de diferentes idades, quixeron ver a posta de longo da mostra. Ademais de Corral, a presentación contou coa colaboración especial do historiador de Antón Pombo, afincado tamén na vila corcubionesa, que deu pinceladas históricas, que serviron para poñer contexto a este fermoso proxecto para a recuperación do parte da memoria histórica mediante fotos históricas de grandes fotógrafos da zona.

Anton Pombo Luis Corral e Suso Sambade no Casino Corcubion
Anton Pombo Luis Corral e Suso Blanco no Casino Corcubión

 

Explicouse ao público presente a memoria do futuro proxecto expositivo, e proxectouse un vídeo explicativo do mesmo. Así mesmo, houbo unha homenaxe á primeira Xunta Directiva da asociación que se fundou en 1947 e ao resto de xuntas directivas ata a data. Tamén se informou da remodelación da primeira planta como ZEUS SPACE (Área Exclusiva de Uso Socios) que é independente do financiamento da exposición. O acto rematou coa actuación do grupo de música popular de Corcubión de pandereteiras "As Rinchonas".
Na presentación non faltou Denis, fillo de Chete e neto de Ramón Caamaño, que colaboraron en todo momento para trasladar o arquivo fotográfico do seu avó.

Casino de Corcubion coas Pandereteiras
As Richonas en acción

O seguinte paso da entidade é buscar financiamento a entidades públicas e privadas para esta exposición fotográfica, que inclúe a remodelación da fachada e galería do casino. O custo da exposición e remodelación do edificio ascende a 21.000€

Novas relacionadas

Comentarios