Luns. 29.04.2024
El tiempo

Roberto Traba leva a súa novela a Corcubión

cartaz libro-roberto traba
Roberto Traba leva a súa novela a Corcubión

"Ola miña bonita" é a novela quedeRoberto Traba Velay. Unha novela sobre o "Valente de Fisterra" que ten moito de corcubionesa. De aí que a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller do Concello de Corcubión, queira traela a casa.

Ademais, a bibliotecaria Isabel Soneira quere dinamizar a Biblioteca Municipal e vai comezar unha serie de citas mensuais para o seu público lector.

A primeira charla será este venres 6 de outubro, ás 19:00h na Casa da Cultura de Corcubión, coa presentación da obra deste taberneiro de profesión, poeta, articulista e coleccionista de pedras por vocación.

Trátase dunha obra de ficción que se adentra no coñecido episodio da invasión dos franceses no 1809. En Ola miña bonita combinanse personaxes históricas con outras que non o foron, mais todas elas teñen a súa base na realidade. Roberto Traba di que este libro é "unha peza retranqueira, refraneira e chea de fisterranía á que foi incorporando a linguaxe propia desta terra, as lendas, os refráns, espazos míticos tentando argallar unha viaxe pola comarca ao tempo que os guerrilleiros ían combatendo aos franceses".

O propio grupo de lectura da biblioteca esta xa lendo a novela de Roberto e poderá desfrutar dun relato e presentación pormenorizada desde a voz do seu creador, entrando se cadra na súa experiencia e proceso de escritura. As presentacións de libros da biblioteca son abertas a todo o público e son unha boa maneira, non só para achegarse aos autores, senon para coñecer o que se fai no grupo de lectura e mesmo entrar a formar parte nel.

Comentarios