“Se pos unha balanza os medios económicos e o servizo dos cidadáns, sae moi barato axilizar a xustiza”

07:21 20/03/18

O balance
En todo caso, o traballo séguese acumulando, pero non só pola folga, e nesa liña quere afondar o representante sindical de SJP-USO, Roberto Andrade. “Hai unha percepción social de que é normal que haia traballo acumulado. Pero non debería ser así, se hai retrasos é porque nunca se dotou aos Partidos Xudiciais os recursos necesarios”. Nese sentido, Andrade amósase relativamente optimista. “É perfectamente recuperable se se poñen os medios materiais se recupera a administración de xustiza. Se o goberno quere ter unha Xustiza áxil, teno na súa man”, sinalando que é un investimento económico moi baixo. “Se pos unha balanza os medios económicos e o servizo dos cidadáns, sae moi barato axilizar a xustiza”, tendo en conta que “o gasto real para solucionar as cousas, por exemplo, na nosa zona, é moi pequeno”.Que fai falta
E pon datos. En Carballo hai un déficit dende hai máis de 10 anos, dende que se creou o Xulgado nº3, dende cando levamos sen aumentar o persoal, con 22 traballadores. O traballo foi aumentando, nuns anos nos que a crise fixo que as demandas civís aumentasen moito, pero o persoal non se renova. Ademais moita da carga de traballo que entra no Xulgado non se pode arquivar, creando como unha bola de neve que se vai facendo máis grande cada ano”. Para Andrade as contas están claras. En Carballo, e tamén en Corcubión, habería que abrir un novo Xulgado (cada Xulgado necesita 6 funcionarios, un xuíz e un secretario), pero ademais fan falta moitos máis funcionarios. “Un parche podería ser aumentar o numero de funcionarios en 5 en Carballo. O ideal sería 7. E en Corcubión con 3 funcionarios máis estaría máis que suficientemente dotado, se ben tamén farían falta algún xuíz e letrado. Polo que con apenas 8 soldos solucionarias todo o problema que hai en Carballo pois o edificio é suficientemente grande para albergar outro Xulgado”.A Xustiza non dá votos
Por que pasa isto entón? “Sempre se dicía que a Xustiza non dan votos, que unha praza vese moito máis, pois a Xustiza só a coñece o cidadán que ten que acodir a ela, que, por sorte, non son todos”, explica Andrade. Andrade fai contas e non lle sae. “O Partido Xudicial ten unhas 70.000 habitantes, e ten 22 funcionarios de Xustiza. Cres que 22 traballadores damos para tanto?”, pregúntase. “Dende a labor sindical, e como veciño desta zona, seguremos loitando para mellorar de medios e servizos a administración da comarca”.Novas relacionadas
- Outubro 17: “O Ministerio ten abandonado o Xulgado de Corcubión”.
- Febreiro 18: A administración de la Tesourería da Seguridade Social de Corcubión desaparece.
- Febreiro 18: As humidades volven aos xulgados de Corcubión.
- Outubro 17: “O Ministerio ten abandonado o Xulgado de Corcubión”.
- 21-09-17: Reparan os estragos causados pola choiva no xulgado de Corcubión.
- Decembro 16: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- Decembro 2016: Chove, literalmente, no Xulgado e Corcubión
- Agosto 2016: Denuncian o inconcibible estado de abandono das instalacións dos Xulgados de Corcubión.
- 2014: Corcubión meteu un berro unánime polo Partido Xudicial.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).