Sempre Corcubión celebrou o seu acto de presentación na Capela de Corcubión

Esta mañá de sábado 6 de maio, tivo lugar na Capela do Pilar o acto de presentación da candidatura de Sempre Corcubión, comandada de novo por Alfredo González. Boa acollida entre o numeroso público, entre os que se situaban candidatos doutras formacións políticas, que quixeron escoitar e conocer de primeira man ás persoas que conforman lista.
Foi o propio cabeza de lista o encargado de ir presentando un a un a tódolos membros. Interviron tamén participantes da candidatura onde destacaron o bo facer e ambiente que se respira dentro do grupo.
Asemade, destacáronse certas pautas do programa electoral, así como o abandono xeral do pobo que o líder do partido escenificou coa propia capela do Pilar, onde non tiña predisposto nin un atril para facelo acto.
Unha vez finalizado o acto, houbo momentos de diálogo cos veciños que ata alí se achegaron.