mércores. 11.12.2024
El tiempo

Teatro de concienciación para o 25N de Corcubión

Teatro Golpes 25N en Corcubion
Teatro de concienciación para o 25N de Corcubión

O Concello de Corcubión, no marco do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, propón varias actividades. A primeira será a obra de teatro “Golpes”, unha representación de concienciación contra a violencia exercida ás mulleres que terá lugar na Casa da Cultura o vindeiro sábado 9 de novembro ás 19:00h.

Golpes é unha produción da compañía costeira aAntena (dirixida por Xosé Leis e producida polo camariñán Bernardino Martínez), promovida pola Secretaria Xeral de Igualdade, que conta co mellor do talento de Estíbaliz Veiga para levar á escena un relato cru e tristemente cotidián, desde a historia dunha muller nova que vai cedendo ata irse encontrando fóra da súa personalidade.

Máis novas

Comentarios