Un novo alcalde imputado na Operación Orquesta
Continúa a trama. A Operación Orquesta continúa en macha como o corrobora o feito de que o alcalde de Corcubión se suma á lista de imputados, 28 en total. A Policía acusa a Francisco Lema, Chisco, de prevaricación e tráfico de influencias. O alcalde xa pasou hai dúas semanas polas dependencias da Policía Nacional da Coruña, onde se acolleu ao seu "dereito de non declarar".
Varias obras desenvoltas pola empresa que focaliza a trama, Construcciones Ogando, poden ser a raíz do problema. De feito, xa apuntaramos que Ogando propuxera realizar labouras de mantemento de xardíns de balde, coa intención de coartar ao Concello para que lle outorgasen outra clase de obras municipais máis lucrativas.
O proceso sería semellante ao desenvolto nos outros concellos implicados. O concurso para unhas obras subvencionadas, neste caso polo Plan E, sae sen publicidade. 3 empresas (a devandita e outras 2 invitadas como simples consortes), se presentan para que Ogando leve o pastel. Por agora non se comprobou que a trama continúe coa devolución do favor en forma de boas comilonas aos alcaldes invitados pola empresa, e o financiamento, en B, das festas patronais, como si está demostrado nas festas da Xunqueira ou en Mazaricos.
Pola súa banda, o alcalde corcubión non se amosa demasiado preocupado e considera "un pouco esaxerado" o proceso xudicial aberto na súa contra. "Teño claro que cando explique o que hai retiraranse os cargos contra min", pero tamén asegura que se non é así, "serei consecuente politicamente". No seo do grupo de goberno asumen a situación pero se amosan "moi tranquilos, e traballando igualmente".
Novas da Operación Orquesta
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 21-07-11: Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- 05-07-11: A Operación Orquesta continúa en marcha.
- 13-05-11: Repaso ao Sumario da OO (VI): Quen alimenta a Caixa B?.
- 04-05-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (V): De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal.
- 25-04-11: Unha de candidatos en proceso xudicial.
- 19-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (IV): De verbena no Parlamento.
- 15-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (III): 3 novos imputados.
- 14-04-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados.
- 13-04-11: Vigo asegura que a trama débese a que se negou a encabezar as listas do PP e do PSOE de Cee.
- 12-04-11: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta.
- 06-04-11: Levantado o segredo de sumario da Operación Orquesta.
- 01-04-11: Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.