Un POS salvado in extremis en Corcubión
No pleno do 29 de novembro, un dos puntos era a aprobación do Plan de Obras e Servicios (POS) 2012, que financia o Ministerio e xestiona a Deputación. Un punto que xa leva dando problemas nos concellos todo o mes, máis se cadra nos que gobernan en minoría. E como non, en Corcubión non podía ser doutro xeito. O Plan presentado polo goberno foi aprobado finalmente gracias a abstención dos edís do PP. Pero os votos do BNG de Corcubión puxeron en perigo uns 50.000€.
Ou alomenos así o denuncian dende o PSOE corcubionés, que envía unha nota de prensa na que denuncia "a maior irresponsabilidade política que poder ter un concelleiro municipal, como é antepoñer os intereses de partido aos do municipio que representa". "Isto foi, segundo o equipo de goberno, "o que fixeron os tres representantes do BNG ao votar en contra da aprobación do proxecto presentado polo equipo de goberno municipal". E continúan afirmando que "emitir un voto que pode poñer en risco un investimento no noso concello é algo que entendemos que a propia cidadanía lles debe reprochar, e máis nos tempos de crise nos que estamos".
Se ben o BNG presentou unha alternativa, a ampliación da escola infantil municipal, dende o PSOE aseguran que "é inviable economicamente ademais de ilegal ao non permitir a normativa urbanística tal actuación". Finalmente as obras aprobadas serán a pavimentación e saneamento da ruela de Vilas, a mellora dun tramo da rúa das Mercedes, e unha boa partida para gastos correntes.
Nese sentido, envían un claro mensaxe ao grupo da oposición: "Os votos e a Lei lexitiman a responsabilidade que asumimos. Non se pode gobernar desde a oposición".
Paralelamente dende a oposición teñen protestado porque o Concello decide sen consultar. O grupo do PSOE, asegura que "nós abrimos canles de diálogo, mediante comisións e grupos de traballo. Afirman que non lles convencen, que non lles gustan as horas das convocatorias, etc; e como alternativa presentan propostas demagóxicas ou inviables".
Novas relacionadas
- Corcubión e Ponteceso concilian o Nadal.
- O Concello de Corcubión recorre os recortes da Xunta de ata o 70% en servizos sociais.
- Corcubión solicita sinais indicadoras do seu patrimonio na entrada da VAC a Sardiñeiro.
- O PP de Corcubión pregunta pola reforma da Praza de Castelao.
- O BNG de Corcubión denuncia que o goberno recalificará como urbanizable novas áreas.
Fonte
- Nota de prensa do Goberno municipal de Corcubión.