![Os bombeiros e membros de Proteccion Civil interviron no incendio dun transformador]()
Os bombeiros e membros de Protección Civil interviron no incendio dun transformador en Quenxe
Ademais do susto, os veciños e veciñas de Quenxe - Corcubión - teñen que lamentarse dos numerosos danos que provocou un raio que caeu sobre as
12 do mediodía de hoxe.
"Estabamos na pausa e pesamos que caía o pavillón. Os nenos asustáronse e comezaron a correr e tivemos que suspender o recreo. Un susto horroroso", relata unha das mestras do
CEIP Praia de Quenxe. Segundo relatan dende o centro de ensino o raio fixo tremer todo o edificio provocando un gran susto entre o alumnado e o profesorado.
Este mismo raio provocou tamén un
incendio no cadro eléctrico da estación de bombeo de augas fecais de Quenxe. Ata alí desprazáronse Protección Civil de Corcubión e os Bombeiros de Cee. Precisáronse catro extintores para apagar ata as lapas e foi necesaria a intervención do persoal de Unión Fenosa debido a tensión que acumulaba a liña.
Ademais destes incidentes, o raio deixose notar nas casas dos veciños e veciñas de Quenxe
queimando diversos aparatos eléctricos, como "routers". Segundo informan distintos veciños da zona, sobre as seis da tarde de onte aconteceu algo similar en Dumbría.
O frío, as choivas e as tormentas continuarán ao longo de toda a semana tal e como se pode observar na páxina de
4gotas.com.
Recentemente o
equipo de "Cuarto milenio" desprazouse ata o lugar de Vilaestevez, en Zas, debido a un "raio bola" que caeu sobre a localidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee