Un San Marcos para todos en Corcubión
Como non podía ser doutro xeito, o gran protagonista do patrón corcubionés foi a fermosa talla veneciana do San Marcos da Cadeira, que cada mes de abril percorre as rúas da vila. Foi o pasado mércores 25 de abril cando a procesión saíu cunha gran tropa ás costas. Ducias de veciños acompañaron ao santo polas rúas da vila, e mesmo tiveron que apurar o paso para voltar á Igrexa unha vez que se puxo a chuviscar...
De orquestras
Quedou algo curta, coma sempre, a sesión vermí da orquestra Miramar (por que as sesións vermú, a alma das festas patroniais, non duran polo menos ata as 15:00h?). Pero a veciñanza respondeu coas súas mellores galas e os seus mellores bailes...
Pola noite non houbo moita expectación, i é que entre que o día seguinte hai que traballar e a derrota do Madrid...
Por certo, por que non se trasladan as verbenas para a noite anterior ao día de festa quedando neste caso a verbena o martes e a sesión vermú o mércores?
E festa o venres
E este venres queda tempo para que os emigrados volvan e poidan disfrutar da verbena. Niso pensaron os novos mozos da renovada Comisión de Festas, que non se esquece dos que piden festa o día do patrón, "como se fixo toda a vida", nin dos que non a poden disfrutar por estar emigrados, "que tamén teñen dereito".
Así, a partir das 23:00h aproximadamente esarán o Grupo Triunfo e a Orquestra Marbella para facer festa ata altas horas da mañá.
Novas relacionadas
- Jano Lamas: San Marcos da Cadeira.
- Un himno a San Marcos.
Máis novas
- As pandeiretas astur-galaicas xa resoan en Corcubión.
- Unha Retrospectiva de Corcubión a través das fotos de Sálvora.
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).