A Universidade Popular de Corcubión pechou o curso por todo o alto

A Universidade Popular de Corcubión vén de celebrar este venres 28 de xuño a súa gala anual de fin de curso, onde se dan cita todos os grupos de música e baile tradicional cos que conta a asociación.
A gala da Asociación, que conta con máis de 40 anos de existencia, celebrouse na Casa da Cultura de Corcubión, e contou coa participación de As Xaviñanas, grupo que nos últimos anos ten acadado importantes premios, ademais de As Rinchonas, Paparrucheiras, Caramuxas e Perrachica. Tamén actuaron grupos de intérpretes de iniciación de pequena idade que desenvolveron distintas pezas de música e baile tradicional.
Ao final da gala, todos os grupos da Universidade Popular interpretaron unha peza (un valse chamado “que bonita es”) do legado que o musicólogo americano Alan Lomax recopilou nos anos 50, e do que a asociación está divulgando nos últimos anos sobre unhas mulleres de Corcubión (Lela, Maruja e Juana Lema Santos), coñecidas como As Xaviñanas.