Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Vimianzo e Corcubión acollen este martes charlas sobre a factura da luz

Vimianzo e Corcubión acollen este martes charlas sobre a factura da luz
Dalle a factura da luz en Vimianzo

Este martes 10 de outubro, a Capela do Pilar de Corcubión e na Casa sa Cultura de Vimianzo acollerán sendas charlas informativas sobre a favtura da luz. No marco da cuarta edición da campaña ‘Dálle luz á túa factura’, a Xunta busca asesorar os consumidores galegos sobre como reducir o gasto en electricidade.

Elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación, son algúns dos aspectos que aborda esta iniciativa. Como en anos anteriores, impartiranse charlas informativas para asesorar os consumidores neste tipo de cuestións.

Xunto con isto, para que os consumidores poidan consultar as súas dúbidas, segue en marcha o teléfono gratuíto 900 907 723, así como a páxina de facebook ‘Dálle luz á túa factura’, que complementan o labor de información e asesoramento que se desenvolve a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC).

Concretamente, serán na Capela do Pilar de Corcubión, de 16.00 a 17.00 horas, e na Casa da Cultura de Vimianzo de 18.30 a 19.30 horas.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios