Xoves. 25.04.2024
El tiempo

70 voluntarios deixaron máis limpa a zona de Verdes co programa Mares Circulares

70 voluntarios deixaron máis limpa a zona de Verdes co programa Mares Circulares

Máis de 70 voluntarios participaron na xornada de recollida de residuos de Mares Circulares no río Anllóns ao seu paso polo Refuxio de Vedes. Unha cita organizada co gallo do Día Internacional de Acción polos Ríos por Coca-Cola coa colaboración de Asociación Chelonia, o Concello de Coristanco, o Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, e as asociacións de Pesca de Coristanco e de Veciños de Verdes.

Foron 92,31 quilos de residuos os recollidos polo voluntariado, que deixan de contaminar a simbólica zona fluvial do Anllóns.

Os responsables valoraron o “compromiso social necesario para que estes enclaves estean limpos e, sobre todo, coidados”.

Comentarios