Venres. 29.03.2024
El tiempo

#8M: Coristanco, “chanzo a chanzo cara a igualdade”

8 MARZO.CORISTANCO copia
#8M: Coristanco, “chanzo a chanzo cara a igualdade”

Este martes 8 de marzo, o Concello de Coristanco tamñen celebra o “Día Internacional das Mulleres”, conmemórase a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Nesa liña traballa o proxecto “Chanzo a chanzo cara a igualdade”, que será presentado o propio martes ás 17,00 horas no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco. No acto haberá a Proxección de "Rosalía feminista”, e a presentación "Pioneiras 2022”, ademais da Inauguración do Xardín Vertical "Chanzo a chanzo cara a igualdade" e a Lectura do manifesto.
O acto rematará cunha actuación de música tradicional e a inauguración da Exposición "O encomio da muller de Coristanco”.

Ademais, o 12 de marzo haberá unha andaina, con saída ás 10:00h do Edificio de Servizos Múltiples.

Máis novas do #8M

Comentarios