Un ferido de consideración nun accidente laboral en Coristanco
13:03 05/06/19
Esta pasada tarde de martes, arredor das 13:00h un operario resultou ferido de consideración ao caerlle enriba un portal cando traballaba no lugar de Montecelo, Coristanco. Ao lugar chegou un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación do ferido ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
O home, pese ás diversas fracturas que presentaba, estivo consciente en todo momento.
Participaron na evacuación axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que tamén prestaron axuda nas labores de aterraxe da aeronave.