A innovación industrial, marca Santa Comba


Segue o sector empresarial tirando do carro xalleiro. Xa coñecimos a fantástica aposta polo Turismo Industrial ca Ruta Alimentaria, e hoxe damos conta do crecemento dunha empresa xalleira, pioneira a nivel europeo.
Falamos de “Novo Campo Plantenes”, compañía, que fabrica sementeiros para viveiros reciclando plásticos sen xerar residuos, e que vende fóra de Galicia preto do 90 por cento da súa produción. A empresa, que incrementou a súa facturación nun 20%, recibiu unha visita institucional dpo director do Igape, Javier Aguilera, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a alcaldesa de Santa Comba María Pose.
A empresa, creada hai cinco anos, é exemplar ao utilizar só tecnoloxías limpas, dado que o proceso de fabricación non require auga nin produce vertidos contaminantes. A medio prazo, a empresa prevé fabricar tamén produtos para o ámbito doméstico.
O Director do IGAPE aproveitou para recordar as axudas coas que saíu adiante o proxecto.

Novas relacionadas
- Santa Comba prepara a súa V Ruta das Tapas.
- Santa Comba aposta polo Turismo Industrial ca Ruta Alimentaria.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).