Venres. 13.09.2024
El tiempo

A mocidade emprendora da comarca do Xallas

A mocidade emprendora da comarca do Xallas
dsc_0765-large

Tiveron lugar en Santa Comba a pasada semana as II Xornadas de Emprendemento e Innovación, organizadas polos alumnos e alumnas do curso de creación e xestión de microempresas que estivo dirixido a persoas sen emprego. Unhas xornadas que demostran o a capacidade da mocidade para innovar, emprender e xerar riqueza na comarca de Xallas. como destacou director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, durante a clausura.

O talento foi un dos temas reseñables das xornadas que deixou patente a importancia de contribuír desde as administracións á incorporación ao mercado laboral da mocidade galega. Así, estas xornadas algo valen para impulsar as habilidades persoais de futuros (e presentes se puidesen) traballadores para que poidan desenvolver ao máximo o seu potencial.

A Xunta lembroulles ferramentas coas que conta a Axenda 20 para o Emprego. Entre as medidas que ten activas a Administración para a mellora da empregabilidade da mocidade galega resaltou o Programa de Garantía Xuvenil que ofrece formación, emprego ou contratos en prácticas aos menores de 30 anos e o Fórum Cicerón. A través de Garantía Xuvenil, existe tamén un programa para facilitar a inserción laboral dos estudantes, que ten como obxectivo principal propiciar que os alumnos de FP obteñan un contrato laboral no mesmo centro de traballo onde realizan as súas prácticas.

Dalle á luz>/h2>

A Consellería de Economía, Emprego e Industria está a impulsar polos concellos de Galicia a campaña Dálle luz á túa factura, que o próximo luns, 28 de novembro, chegará a Santa Comba, despois de estar onte nas localidades de Fisterra e Vimianzo. Esta xornada informará aos consumidores as claves para que poidan aforrar no seu recibo eléctrico, centradas fundamentalmente en aspectos como elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada ou valorar a discriminación horaria.

Nesta ocasión, os encontros celebraranse no auditorio do edificio multiusos de Santa Comba (rúa Curros Enríquez, s/n) desde as 18.30 horas. O público que asista a estas xornadas tamén recibirá información sobre aforro e eficiencia enerxética, ademais de coñecer os procedementos para realizar os diferentes trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas.

Ademais, os consumidores poden acceder tamén nas webs de ambas entidades a unha nova aplicación na que, introducindo os seus datos de consumo eléctrico, recibirán recomendacións concretas, ou consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como na páxina de Facebook Dálle luz á túa factura. Estas ferramentas complementan as tarefas de información e asesoramento que se desenvolven a través do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMICs).

Fonte

  • Xunta.

Comentarios