Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Ruta das Perseidas en San Bartolomeu serve para abrir o programa Todocosmos en Santa Comba

A Ruta das Perseidas en San Bartolomeu serve para abrir o programa Todocosmos en Santa Comba
O Concello de Santa Comba incorpórase ao programa TODOCOSMOS deselvolvido polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC co patrocínio da FECYT (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades), feito que motivará que a partir de agora, o concello xalleiro organice diversas actividades para a difusión da astronomía e dos espazos naturais para a observación das estrelas. Este venres día 10 terá lugar a primeira “Ruta a San Bartolomeu para ver as Perseidas”, actividade promovida na colaboración entre a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelllo de Santa Comba e a Asociación de sendeirismo “Os Trotasendas”, e que se convirte na primeira actividade TODOCOSMOS en Santa Comba. Na ruta haberá unha sesión astronómica pública a simple vista e con telescopio desde o alto de San Bartolomeu, enclave de grande beleza e magníficas condicións para a observación estelar. Ademáis das Perseidas, poderánse observar os planetas Venus, Xúpiter, Saturno e Marte ademais doutros obxectos coma estrelas dobres ou nebulosas, todo explicado de primeira man por persoal do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

Inscricións

Para actividade, aberta a todo o público, aínda se pode inscribir tanto a través da OMIX de Santa Comba ( tf. 981 81 87 10) como da Asociación “Os Trotasendas (Tf. 666 93 47 25), e de momento está tendo unha grande aceptación, superando xa os 70 inscritos.  

Comentarios