xoves. 14.11.2024
El tiempo

A tortilla toma o protagonismo en Santa Comba

A tortilla toma o protagonismo en Santa Comba
I Concurso de tortilla de SAnta Comba copia

Estrea Concurso de Tortillas a Agrupación de Empresarios de Santa Comba, no marco da VI Ruta de Tapas da capital xalleira. O venres 6 de maio arrincará a proposta #SantaCombadetapaentapa2016, e ata o 22 de maio os venres, sábados e domingos, 8 establecementos ofrecerán tapas como “vieiras de festa”, “fricasé de polo”, “burrito de zorza con arzúa Ulloa”, “estofado de xabarín con patacas e pementos do piquillo”, “espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo” e “fabas con ameixas” entre outras.

A gran novidade, como dicimos, é o concurso de Tortillas, que se celebrá a fin de semana do 20 ao 22 de maio.

Os locais que participan son Cerveceria Cafetería D’Mara, Hotel Xallas, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Talladas, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco, Cervecería O Boguiña e Cafetería Rafael.
Os locais participantes porán a disposición dos seus clientes os Pasaportes de votación e a urnas. Para participar e optar aos premios os clientes terán que ter tódolos selos dos locais participantes coas súas tapas valoradas, participando así nun sorteo de pases para dúas persoas no Talaso Termaria Casa da Auga en A Coruña, se se completa a Ruta de Tapas, e dunha tablet de 7” e 150 euros en combustible se se completa a ruta do Concurso da Tortilla. Poderán optar a ambos premios aquel que complete todo o pasaporte.
O sorteo dos premios terá lugar ao finalizar a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Empresarios de Santa Comba o vindeiro 27 de maio no Edificio Multiusos do Concello.

Fonte

  • Empresarios de Santa Comba.

Comentarios