Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Alumnado de Bergantiños goza o seu intercambio social e lingüístico con Francia

Alumnado de Coristanco e Carballo en Francia
Alumnado de Coristanco e Carballo en Francia
Alumnado de Bergantiños goza o seu intercambio social e lingüístico con Francia

O pasado sábado 16 de marzo 31 alumnos de 2º e 4º de ESO, 19 do IES Monte Neme de Carballo e 12 do CPI Xosé Pichel de Coristanco partiron a Barbezieux-Saint-Hilaire en Francia, para gozar dunha semana de convivencia de intercambio cultural e lingüístico co alumnado do French Collège Sainte Marie de Barbezieux.

Durante o período de intercambio, os estudantes permanecen nunha familia francesa local, deben asistir ás clases no Colexio e programaron unha axenda de actividades culturais para toda a semana que inclúe unha visita á igrexa subterránea de Saint-Jean, á torre de San Nicolás, a Terra Aventura, rutas peonís para coñecer a cidade e o parque
das atraccións do Futuroscope.

As ANPAS dos centros valoran moito estas viaxes. "Os beneficios destes programas van desde o desenvolvemento de novas habilidades persoais como a empatía, tolerancia ou resistencia; ademais de mellorar a autonomía e o desenvolvemento persoal dos mozos para preparalos o futuro cunha mentalidade aberta e compasiva" destacan dende a Anpa Ameneiro do IES Monte Neme.


Esta primeira parte do programa remata o domingo 24 de marzo, día no que os escolares regresan ás súas casas.
de Carballo e Coristanco e a segunda parte retomarase a partir do venres 26 de abril coa chegada dos escolares
franceses para continuar o seu intercambio cultural en Galicia.

Comentarios