Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Arrinca a creación dun polígono agroforestal entre Coristanco e Carballo

25082023 poligono_agroforestal (8)
Arrinca a creación dun polígono agroforestal entre Coristanco e Carballo

Este venres tivo lugar unha xuntanza informativa no centro social de Erbecedo á que asistiron algo máis de 40 veciños e veciñas da contorna no que foi o comezo da  creación dun polígono agrofestal entre os concellos de Coristanco e Carballo. No caso de materializarse sería o primeiro da comarca, o segundo da provincia e un dos primeiros de Galicia, tal como explicaron os representantes da Consellería de Medio Rural.

Esta medida, semellante á similar á concentración parcelaria, concentraríase na parroquia coristanquesa principalmente pero tamén abrangue terreos carballeses, en Rus e Ardaña (a pesar da omisión da Xunta na nota de prensa, que obvia falar da participación carballesa), cunha superficie de 84,73 hectáreas distribuídas en 407 parcelas propiedade de 261 titulares.

A xuntanza quería dar a coñecer a iniciativa, resolver as posibles dúbidas e arrincar un primeiro compromiso de participación por parte da veciñanza. “Vaise facer se os propietarios queren. Se queren, por parte da Xunta hai boa disposición”, recalcaron desta iniciativa que pretende ser  "unha ferramenta idónea, non só para recuperar terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, senón tamén para mellorar a estrutura da propiedade facilitando así a actividade agrogandeira e incrementando a súa rendibilidade.

O primeiro paso será, precisamente, a investigación da titularidade das terras. A partir de aí enviarase unha notificación individual a cada propietario/a, que debe amosar a súa conformidade. Para o desenvolvemento do proxecto é preciso o acordo das persoas titulares do 70% da
superficie.

Comentarios