Martes. 25.06.2019
El tiempo

Bm: O Bm. Camariñas vence no desterro

Bm: O Bm. Camariñas vence no desterro

Remaba o 2018 coa cor verde dominando as ligas, e este 2019 segue ca mesma liña. Pois ademais das novas vitorais do Calvo Xiria e do Bm. Xallas para refrendar as súas posicións de privilexio, tamén volvía á senda da vitoria o Bm. Camariñas, e facíao no desterro carballés despois da sanción de 3 partidos de peche do Areal pola tangana acontecida no último partido do ano.

 

1ª Estatal, xornada 15

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Rasoeiro (35-25)
  • Bm. Camariñas: Álex; Fabián (6), Fari (7), Catalán (9), Xavi (2), Eusebio (5), Antelo (3). Tamén xogaron Alan (3), José Manel (1) e Bieito.
  • Parciais cada 5 min.: 4-3, 7-6, 10-7, 13-9, 15-10, 18-11 (descanso), 22-14, 25-15, 29-17, 30-18, 32-21 e 35-25.
Os Boya Blues desrazaronse ao desterro Os Boya Blues desprázaronse ao desterro

O Conservas Boya conseguiu unha gran vitoria ante o Rasoeiro no pavillón carballés de Vila de Noia. Dous puntos fundamentais na loita por evitar o descenso, que lle serve para ascender á 12ª posición, se ben mantense empatado con outros 3 equipos, entre eles o propio Rasoeiro e con só dous de vantaxe sobre o pechacancelas, o Octavio. Son dous os descensos e serán eses 5 equipos os que loitarán ata final de temporada por evitalos.

O cadro de Moncho Canosa realizou o seu mellor partido da tempada, malia as importantes baixas, e superou a un rival directo realizando o que é o seu ABC de xogo: dura defensa, gran achega de Alex en portería e calma nas transicións sabendo cando hai que correr para así minimizar as perdas e os esforzos dado as poucas rotacións das que dispuña Moncho no banquiño.

Se na faceta defensiva destaco o bloque e un gran Alex en portería, en ataque destacou a gran conexion de Catalan e Fabián (15 goles entre ambos).

No vídeo pódese comprobar como non paran de animar os Boya Blues.

https://www.facebook.com/rasoeiro.bm/videos/2073147779416914/?t=13  

1ª Estatal, xornada 15

  • Resultado: Calvo Xiria - Union Financiera Oviedo (30-21)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Cuco (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Juanka (6), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete, Enrique Pena Pensado (1), Iván Amarelle (1), Chimpo (4), Carlos García (6).
  • Parciais cada 5´: 2-0 / 5-3/ 7-6/ 8-8/ 11-10/ 15-11/Descanso/17-12/ 20-14/ 21-15/ 23-17/ 26-17/ 30-21.
Foto de Familia das Escolas Bm Xiria A familia Xiria aproveitou para facerse a foto

Non acusou o parón o Calvo Xiria que fixo un auténtico partidazo na súa volta á competición, na que non ten marxe se quere seguir competindo polo título, sobre todo despois da inesperada última derrota do ano ante o Bueu, e mentres o Lavadores que non cede no alto da táboa.

Os carballeses fixeron un partido tremendamente serio, sen fisuras, que encabezaron dende o primeiro minuto.

Aquí tendes o partido completo polo streaming do youtube do Calvo, amenizado ca voz de David Castro:

&nbs;

2ª Autonómica, xornada 18

  • Resultado: Balonmano Xallas - Balonmano Narón (25-23).
Bm Xallas en Fontenla ante o Bm Naron Bm Xallas en Fontenla ante o Bm Narón

Volvía o balonmano a Santa Comba despois do parón de Nadal e facíao cun partido de alto nivel, no que se enfrontaban os locais ao Balonmano Narón. Non pintaba ben o partido tralo parón e cos xogadores inmersos en plenos exames de xaneiro, con todo os xalleiros souberon resolver un partido que se lles puxo costa arriba na segunda parte, na que chegaron a estar 3 goles abaixo no marcador. A igualdade foi a tónica dominante na primeira parte, na que se foi ao descanso cun 11-11.

Na segunda parte saíu mellor o conxunto visitante, que cunha sólida defensa conseguía deixar aos xalleiros atrás no electrónico. Un tempo morto local cambiou o chip, e foi no minuto 24 da segunda parte cando conseguiron dar a volta ao marcador (22-21). Uns bos minutos en defensa propiciaron roubos de balón que terminaron en contraataques dos locais, o que lles serviu para levarse o partido e empezar o ano seguindo no máis alto da clasificación.

 

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-o-verde-domina/ “Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións” — Que pasa na costa

Comentarios