Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo e Coristanco estarán conectados por unha senda peonil e ciclista

Mapa da senda Carballo-Coristanco
Carballo e Coristanco estarán conectados por unha senda peonil e ciclista

Nova senda peonil e ciclista proxectada pola Xunta en Bergantiños. Esta conectará os núcleos de Carballo e Coristanco a través da AC-552.

Pola marxe dereita da AC-552 (entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400) o itinerario comunica a beirarrúa existente no núcleo de Carballo co vial de acceso á factoría de Calvo, e pola esquerda conectará as beirarrúas existentes no núcleo de Carballo e o lugar de Montecelo ata Coristanco.
Na marxe dereita desta estrada AC-552, actuarase entre os puntos quilométricos 32+620 e 33+180, comunicando a beirarrúa existente no núcleo de Carballo co vial de acceso á factoría de Calvo que conecta a vía autonómica a altura do punto quilométrico 33+200.
Na marxe esquerda da estrada AC-552 a intervención esténdese entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400, comunicando neste caso as beirarrúas existentes no núcleo de Carballo e o lugar de Montecelo (Coristanco), continuando a beirarrúa pola marxe dereita ata o núcleo de Coristanco.

Na actuación tamén se mellora o sistema de drenaxe de augas pluviais e executaranse servizos para futuras canalizacións de telecomunicacións e alumeado. O orzamento total é de 1 millón de euros.

Este itinerario se enmarca no Plan de Sendas de Galicia, que na comarca de Bergantiños contará cun total de 7 itinerarios que suman 11 km e un orzamento de preto de 5 millóns de euros. 5 delas están rematadas, e en breve sairá o de Laxe-paseo marítimo​.

Expropiación

Na publicación de DOG tamén se inclúe tamén a relación individual de bens, dereitos dos terreos necesarios para a súa execución, que conectará os municipios de Carballo e Coristanco. Os afectados pola expropiación poderán presentar as súas achegas ao proxecto desde mañá e durante un período de trinta días hábiles

Novas relacionadas

Comentarios