Martes. 23.04.2024
El tiempo

O PSOE denuncia, con cifras, a clara discriminación da Xunta nos investimentos en sendas peonís aos concellos non populares

Cabana de Bergantiños. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará o remate das obras da senda entre Neaño e A Carballa. Haberá declaracións aos medios. Punto de encontro: no Pq. 2+880 da estrada AC-429, na contorna da caseta de información turística.
05/02/2019
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisando a última senda peonil de Cabana
O PSOE denuncia, con cifras, a clara discriminación da Xunta nos investimentos en sendas peonís aos concellos non populares

Fixo a parlamentaria socialista Loli Toja, unha serie de preguntas no Parlamento sobre os investimendos da Xunta en sendas peonís na zona. Toja mantiña dúbidas sobre a equidade de investimentos entre concellos de cor popular e concellos gobernados forzas da oposición.

Os datos referidos aos investimentos en novas sendas peonís realizados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda entre 2016 e 2018 son claros. Dos 3 millóns investidos nestes 3 anos, o 80% distribuíronse entre os concellos, populares, de Cabana, A Laracha e Malpica. Só Carballo tivo unha partida de 600.000€, moi por debaixo, propocionalmente dos concellos populares. Nada quedou en Laxe, Coristanco ou Ponteceso, concellos doutras cores.

Tremendas as cifras das comarcas de Soneira e Fisterra, onde non hai un só goberno popular. A resposta é clara: cero investimentos nos últimos 3 anos (de feito no 2015 tampouco houbo).

Algo semellante pasa pola Barbanza, onde o Concello de Noia (popular) recibiu a maior parte dos investimentos nesta materia.

Deste xeito, e antes de debullar os investimentos, as cifras de investimentos en sendas peonís da Consellería de Infraestruturas e Vivenda entre 2016 e 2018 son claras: 

  • 2,2 millóns de euros para concellos gobernados polo PP
  • 0,6 millóns de euros para concellos gobernados por outras forzas.

Bergantiños

Os datos referidos aos investimentos en novas sendas peonís realizados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda nos concellos de Cabana (PP), Carballo (BNG), Coristanco (-), A Laracha (PP), Laxe (PSOE-BNG), Malpica (PP) e Ponteceso (PSOE-BNG-APIN) entre 2015 e 2018 son:

2018

  • Execución do itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito Carballo-polígono industrial de Bértoa, finalizado en marzo de 2018, logo dun investimento da Xunta de 627.743,68 euros;
  • Itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, que contou cun investimento de 281.748,50 euros, actualmente rematado;
  • Itinerario peonil e ciclista na AC-552, A Laracha-O Cancelo, rematado en xuño de 2018 logo dun investimento de 803.298,97 euros”.

2017

  • Execución dunha senda peonil e ciclista na AC-421 e na AC-422, treito Xornes-Buño-Canta La Rana (Malpica), que contou cun investimento de 534.339,05 euros, finalizada en outubro de 2017;
  • Itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito A Laracha-Paiosaco, finalizada en decembro de 2017, logo dun investimento de 603.009,38 euros;

2016

  • Cero investimento.

 

Soneira e Fisterra

Os datos referidos aos investimentos en novas sendas peonís realizados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda nos concellos de Camariñas (PSOE), Carnota (BNG), Cee (IxCC), Corcubión (PSOE), Dumbría (PSOE), Fisterra (PSOE-BNG), Muxía (PSOE), Vimianzo (BNG-Adiante) e Zas (BNG) entre 2015 e 2018 son

2018

  • Cero investimento.

2017

  • Cero investimento.

2016

  • Cero investimento.

Novas relacionadas

Comentarios