Domingo. 08.09.2024
El tiempo

City4SantaComba, a nova APP para sabelo todo da capital xalleira

City4SantaComba, a nova APP para sabelo todo da capital xalleira
City4SantaComba

Este martes 3 de xuño de 2014, as 11 horas, na Casa do Pozo (Museo Terra do Xallas), terá lugar a presentación e posta en funcionamento da app para teléfonos móbiles intelixentes City4santacomba. Os veciños terán ocasión de coñecer en detalle o funcionamento e obxectivos dunha aplicación creada para potenciar a eficacia na xestión municipal, así como a comunicación entre a administración local e os veciños.
Estarán presentándoa Carlos Martinez, director de organización da empresa Elaboro, e mais o alcalde Antonio Landeira Gallardo.

Esta aplicación, que xa está dispoñible en probas de forma gratuita, tanto para usuarios do sistema operativo android como de iphone, facilitará a notificación de avisos, a xestión de incidencias, o acceso ao directorio municipal e ás novas publicadas polo concello, ademais de información xenérica do municipio.

Desta forma os veciños poderán notificar incidencias (augas, alcantarillado, baches, contenedores, alumeados públicos, recollida de pilas, animaiss mortos, vertedoiros incontrolados, mobiliario público, etc) de forma sinxela, inmediata, directa e sen ningún papeleo, con solo sacar unha fotografía e indicar o lugar e tipo de incidencia. O veciños terán tamén acceso en todo momento desde os seus dispositivos móbiles a información xenérica do municipio, directorio municipal, noticias e anuncios (itv, renovación do dni, avisos, actividades, etc).

Aposta pola comunicacióin 2.0

Abre así o Concello de Santa Comba unha vía de comunicación permanente cos seus veciños potenciando así as posibilidades de interactuar de xeito inmediato con eles a través dos seus smartphones cunha información que será recibida de xeito centralizado e derivada ao responsable correspondente, podendo ter un coñecemento constante da xestión da incidencia ata a súa completa solución, e donde os veciños tamén poderán facer seguimento das súas notificacións, xa que recibirán unha mensaxe tanto ao seren recibidas como ao seren resoltas.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios