Comezan as obras da senda peonil para mellorar o acceso á fervenza de Castriz
Xa están en marcha as obras de construción dunha senda peonil da estrada DP-2904, entre os puntos quilométricos 11+460 e o 12+185, no municipio de Santa Comba.
As obras, financiadas pola Deputación e adxudicadas á empresa Aquablue Sistemas por 116.237,32 euros, axudarán a completar o proxecto de mellora da seguridade vial nunha estrada na que se está tamén rematanbdo a mellora do firme entre os puntos quilométricos 15+800 e 20+240, cun investimento de 248.156,52 euros.
A senda peonil realizarase de xeito paralelo á estrada DP 2904, Coristanco- Santa Comba, na súa marxe esquerda, entre o camiño de acceso á fervenza de Castriz e o comezo das beirarúas xa existentes do núcleo do mesmo nome.
Construirase a senda sobreelevada cun bordo de formigón cun ancho de dous metros, o saneo nunha profundidade variable entre 86 e 81 centímetros, recheo cun espesor de 70 centímetros e pavimentación posterior da calzada.
O prazo de execución dos traballos é de catro meses.
Fonte
- Deputación.