Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coristanco conciencia en materia de reciclaxe e de prevención

Charla de FEGADACE en Coristanco
Charla de FEGADACE en Coristanco
Coristanco conciencia en materia de reciclaxe e de prevención

Varias actividades se desenvolveron esta pasada semana en Coristanco.

Por unha banda desenvolveuse unha actividade organizada polo Concello de Coristanco xunto a FEGADACE, co obxectivo de sensibilizar e facilitar algunhas medidas de prevención sobre o dano cerebral, as principais causas coma o ictus ou os accidentes de tráfico, e a presentación dos diferentes modelos de atención e rehabilitación.

Coristanco recopila

Ademais, os baixos da casa do Concello recibía a visita da Carpa da Campaña de Sensibilización sobre a recollida de pilas, baterías e acumuladores no municipio para a súa posterior reciclaxe. O Concello informa que a partir de mañá, incorporaranse distintos puntos de recollida, coa localización de colectores específicos distribuídos polo municipio. Estas actuacións están enmarcadas na Campaña de concienciación e recollida de residuos para facilitar a implantación dun modelo de reciclaxe eficaz e beneficioso para o medio ambiente.

Para máis información poden preguntar en 651 664 908 ou 665 294 194.

Coruna recopila

Comentarios