Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coristanco solidarízase coas familias necesitadas polo Nadal

Paquetes de alimentos en coristanco
Máis de 37 paquetes de alimentos se están a repartir nas familias necesitadas de Coristanco.
Coristanco solidarízase coas familias necesitadas polo Nadal

Coa chegada do Nadal, o Concello de Coristanco uniuse por unha boa causa e solidarizouse cos máis desfavorecidos. Grazas á colaboración da cidadanía, tanto das parroquias como do pobo polas contribucións ás institucións sociais de axuda aos máis necesitados, estanse a entregar durante estes días de Nadal máis de 37 paquetes de alimentos ás familias desfavorecidas do municipio.

Segundo afirma o párroco da localidade, Don Manuel, o alcalde e mais el só teñen "palabras de agradecemento e recoñecemento cara o pobo de Coristanco pola súa solidariedade".

Comentarios