Luns. 29.04.2024
El tiempo

Critican a subida do 67% do soldo do alcalde de Coristanco

PSOE CORISTANCO 24 de xuño
Critican a subida do 67% do soldo do alcalde de Coristanco

O PSdeG-PSOE de Coristanco vén de denunciar que o Goberno municipal de Coristanco pretende subir o soldo do alcalde Juan Carlos García nun 67,37%, e en xeral aumentar en case un 90% o gasto en salarios dos órganos de goberno con respecto ao mandato anterior.

A proposta do PP, que goberna con maioría absoluta na vila, farase previsiblemente efectiva a partir da súa aprobación no pleno do vindeiro luns 26 de xuño.
O portavoz socialista no Concello, José Manuel Abelenda, considera que esta proposta suporá “un gasto innecesario”. “Non estamos dicindo que non cobren,
porque todos os que traballan teñen que cobrar, pero isto é incrible”, engade Abelenda.
“O Partido Popular vén a incrementar gastos que non son para os veciños”, critica o líder dos socialistas de Coristanco. “Ao final, entre as tres dedicacións exclusivas propostas, tanto a del como a doutros dous concelleiros, que sempre foron pa rciais, gastarase uns 145.700€” anuais, indica, mentres que catro anos atrás esta cifra era de 76.962€ ao ano, supoñendo un aumento de case un 90%.
Ademais do aumento de soldo do alcalde, que pasará de cobrar 28.500€ anuais a 47.700€, tamén aumentarán os soldos da concellería de Obras e da
concellería de Cultura e educación. Os seus titulares pasarán a cobrar, respectivamente 36.000€ e 32.000€. Tendo en conta que hai catro anos cobraban ambos 24.231€, o aumento é do 48,57% para o primeiro e do 32,06% para o segundo.

A estes aumentos de soldo súmase a contratación de persoal de confianza. O alcalde “nunca tivo asesor pero agora vai contratalo por aproximadamente 30.000 euros anuais”, sinala José Manuel Abelenda.
“Estamos vendo como o PP pasa o rodillo por Coristanco”, afirma o portavoz socialista. “En declaracións a prensa, o alcalde dixo que seguiría sendo o
mesmo, pero xa vemos que non”, engade.

Comentarios