sábado. 07.12.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa elixe o mellor mel de Galicia e da Costa da Morte na súa XIX Cata

Cata de mel 2024
O EFA Fonteboa elixe o mellor mel de Galicia e da Costa da Morte na súa XIX Cata

Este sábado 9 de novembro, os amantes da apicultura teñen unha cita no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco.

O activo centro, no marco da súa completísima programación de formación aberta organiza a XIX Cata de Mel. A partir das 17:00h haberá charlas, degustacións e dous premios, a Mellor mel Categoría Absoluta e a Mellor mel da Costa da Morte (17 concellos integrados no GDR Costa da Morte).

No marco do proxecto Cicapis, antes dos premios falará María del Carmen Seijo sobre o Proxecto VASBEEP para á Valorización e Autenticación dos Produtos Apícolas de España; e Carme Toba Trillo, Socia fundadora de APATRIGAL e autora do libro "A Cultura do Mel na Costa da Morte”.

Comentarios