Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Eólicos Así NON: Coristanco aolle unha manifestación nacional contra a invasión eólica

Concentracion_Coristanco_11D_2022
Eólicos Así NON: Coristanco aolle unha manifestación nacional contra a invasión eólica

Este domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. Co gallo do Día mundial das Montañas, haberá 18 concentracións en lugares como A Baña, A Fonsagrada, Cecebre, Foz, Meira, Antas de Ulla, Mondoñedo, Moeche, Lugo, Becerreá, Vila de Cruces, Moaña, Pontevedra, Forcarei, Xinzo de Limia, e Coristanco.

A partir das 12:00h a concentración partirá da praza do Concello coristanqués, coa presencia de numerosas entidades.

Nova concentración o sábado

Ademais, o sábado 10, ás 16:00h, haberá outra manifestación dende Monte Cudeiro, en Corcoesto, na defensa das paisaxes Pondalianas. Esta é a Localización do punto de partida da mobilización

Outras NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS

Comentarios