Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Excarcerado o condutor dun coche que volcou en Traba, Coristanco

O sinistro tivo lugar pouco despois das 17:30 horas de onte
Excarcerado o condutor dun coche que volcou en Traba, Coristanco

Os bombeiros do parque de Carballo excarceraron onte á tarde ao condutor dun coche que volcou no kilómetro 1,6 da DP-1912 ao seu paso polo lugar de Traba, en Coristanco. 

Pouco despois das 17:30 horas recibiron unha chamada na que se indicaba que había un accidente con varias persoas atrapadas. O vehículo envorcou fóra da estrada e no momento no que chegaron os bombeiros había unha persoa que non podía saír do coche. Feita unha valoración polos sanitarios desprazados ao punto, retiraron as dñuas portas do lado esquerdo e o pilar B para poder realizar a extracción do ferido con seguridade, empregando un taboleiro de rescate. O ferido, que era o condutor do coche, estaba consciente e foi trasladado ao CHUAC por unha dor intensa nas costas.

Comentarios