Venres. 29.03.2024
El tiempo

As familias do CEIP Canosa-Rus critican a falta de prazas de comedor

Martín Seco ANPA Coristanco
Martín Seco reuniuse coas familias
As familias do CEIP Canosa-Rus critican a falta de prazas de comedor

Arrincaba onte o curso para todos (agás para as familias de Camelle), e os partidos da oposición quixeron achegarse polos centros de ensino para facer unha valoración das políticas do goberno da Xunta.

O Grupo socialista quixo achegarse ata o colexio Canosa-Rus, para manter unha reunión cos representantes da ANPA A Braña cos que avaliar a situación do centro coristanqués. Teñen unha importante problemática para que se atendan todas as solicitudes de praza que se presentaron ao comedor escolar.

É un dos comedores dos centros públicos que aínda dependen da propia Xunta, con cociña propia e con profesionais suficientes para dar de comer a 250 comensais. De aí que as familias non entendan que haia un tope de 166 prazas cando hai 184 solicitudes. Mesmo os coidadores e profesores renunciaron a comer alí para deixar espazo, pero a Xunta parece que non reacciona.

O parlamentario Martín Seco, acompañado do voceiro socialista no Concello de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, indicou que o PSdeG vai presentar una batería de iniciativas no Parlamento para que se dea resposta a este problema. Así, indicou que “non existe ningún motivo para deixar a ningún neno ou nena fóra deste servizo, polo que resulta incomprensible que a Xunta non esta atendendo todas as demandas”.

O voceiro local anunciou que tamén trasladará unha moción ao pleno municipal de Coristanco para que ningún neno ou nena quede excluído do comedor.

Comentarios