Venres. 18.06.2021
El tiempo

FEGADACE leva a Coristanco unha charla de na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

FEGADACE-cartel-charla-coristanco (1)
FEGADACE leva a Coristanco unha charla de na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

Este mércores 9 de xuño, ás 11:00h, o Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco acolle unha interesante charla de sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) quere dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao concello de Coristanco: a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO.

A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello de Coristanco e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

Poden inscribirse na Biblioteca Municipal, por teléfono no 651 664 908, ou a través do correo electrónico [email protected]

comentarios