A Festa da Pataca de Coristanco afonda na conversión do tubérculo nun produto de máxima calidade

Importante impulso o que viviu a Festa da Pataca de Coristanco nesta 41ª edición. Unha das festas gastronómicas máis lonxevas da nosa comarca, que acolleu unha fin de semana cun dos programas máis completos que se recordan. A música, a artesanía, as exposicións, os desfiles… moita parte lúdica e festexeira, que marida á perfección coa parte gastronómica das degustacións e coa parte técnica-formativa.
E precisamente esa parte máis técnica é a que o Concello quixo potenciar este ano, encargándolle o pregón a Luís García. O eterno director do Centro de Formación EFA Fonteboa destacou a importancia do traballo, a calidade e a invesgación como aliados para seguir crecendo e convertendo a pataca bergantiñá nun produto de proximidade e de temporada de máxima calidade.
E a realidade é que na última década a pataca de Coristanco está máis cotizada, como se puido comprobar nesa icónica imaxe das bolsas de patacas Bonilla feitas con patacas coristanquesas, todo un exemplo de por
As xornadas completábanse con moitas actuacións, obradoiros, concursos… e degustacións (de polbo con cachelos de Coristanco, e peixe de Laxe, de tortillas) como as que se viviron no mercado de Artesanía Alimentaria, onde numerosas marcas galegas compartiron as súas delicatesens (cervexa, conservas, sidra…).

Pero volveu ser o Desfile de tractores o gran reclamo que fai da mañá dominical unha cita imprescindible para toda a comarca. Este ano, tamén con concurso para cativos, a zona centro da vila estaba ateigada para recibir o Submarino (que quedou campión), o tremendo tanque (que quedou segundo), ou o Falcon (que quedou terceiro). Tamén gustaron “a teta do estado” ou o Bribón entre outros, demostrando a gran inventiva e arte que teñen os produtores locais.
Novas relacionadas
- 2021: O Museo da Pataca de Coristanco vai collendo forma.
- 2019: A Festa da Pataca de Coristanco demostra potencial suficiente para ser declarada de Interese Turístico.
- Juan García (II): “Sería bo facer unha nova diferenciación, unha marca de garantía para a Pataca de Coristanco”.
- 2016: A Festa da Pataca de Coristanco sobrevive á Autovía.