Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Juan García (II): “Sería bo facer unha nova diferenciación, unha marca de garantía para a Pataca de Coristanco”

INTERNA 13,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinará convenios de colaboración cos concellos de Cee, Coristanco, Triacastela e Xermade, para a realización de obras de reforma nos centros de saúde destas localidades. No Gabinete da Consellería (3º andar).
foto xoán crespo
11/11/2019
Juan Garcia Pose, alcalde Coristanco
Juan García (II): “Sería bo facer unha nova diferenciación, unha marca de garantía para a Pataca de Coristanco”

Falamos a semana pasada longo e tendido co alcalde de Coristanco, sobre asuntos persoais e de importancia para o seu concello. Pero quedounos, por extenso, un dos asuntos máis importantes a tratar: A Pataca de Coristanco, “o ADN de Coristanco”, como recoñece.

Un profesional como el, rexenta a Casa da Tulla, unha explotación agrícola familiar dende hai 3 xeracións, polo que, a priori podería aportar moito a un sector tan importante para a comarca, e darlle un impulso de calidade a un dos produtos máis recoñecidos da Costa da Morte. Falamos con el de cifras e camiños a seguir.

 
  • QPC: Que necesita a Pataca de Coristanco para seguir medrando? É unha quimera pensar na internacionalización da nosa pataca ou da posta en valor na península?

A pataca é unha gran alternativa, unha gran oportunidade. Hai 50 anos, un grupo de persoas decidiu apostar polo cultivo de patacas. Antes había algo de fina, moi dexenerada, e algo dunha variedade amarela. Gracias a unha iniciativa do Ministerio, probaron coa pataca, e uns produtores tiveron interese en traballala, e demostrouse que a pataca dábase moi ben, e foi así tanto que 15 anos máis tarde decidiron xa facer unha festa.
E dende aquela se Coristanco é coñecido é pola pataca, que xa é o ADN, a identidade de Coristanco.

 Garrcia Pose de visita a unha horta_Coristanco
García Pose de visita a unha horta de Coristanco coa Xunta
  • QPC: É correcta a inclusión da Pataca de Coristanco dentro da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de Pataca de Galicia ou habería que aposta por unha marca máis concreta?

A pataca de Coristanco é singular. Pataca hai moita, e en moitos sitios de moita variedade. Entón, que diferencia hai entre unha kenebec de Valladolid e unha kenebec de Coristanco? Un produtor de Valladolid dicíame que sacaba a 0,18 o quilo. En Xinzo a 25, ou 30 se é boa. En Coristanco, un mínimo de 50 céntimos. E se te decides a vendela á restauración, xa podes vender a 1€. E se fas algo máis, e te poñes a vender online, e buscar clientes con valor engadido, a 1,50€, por exemplo.

A diferenciación está no que o cliente está disposto a pagar por ti que non pagaría por outro. E tradicionalmente o cliente vén valorando ben a nosa pataca.
Polo tanto, se falamos de diferenciación, está claro que a pataca de Coristanco é Pataca de Galicia, pero estaríamos dacordo e facer unha nova diferenciación, cara unha marca de garantía. Non é que aporte nada de valor ao produto, pero nos permitiría crear un rexistro de produtores, e que eses produtores se vixiaran para quenon houbera ningún que vendese pataca de Valladolid por Coristanco; para que un cliente, cando compre Pataca de Coristanco sexa de Coristanco. Porque ás veces hai mitos, ou non tan mitos, de xente que compra fóra e vende por pataca de aquí.

 
  • QPC: Se a IXP (Bergantiños, A Mariña, a Terra Chá, Lemos e a Limia) factura arredor dos 6 millóns de euros ao ano (unhas 6.000 toneladas) cales son as cifras reais da Pataca de Coristanco? Hai marxe de mellora?

Aquí fanse unhas 300 hectáreas de pataca, da que máis ou menos a metade é para autoconsumo. Aquí é rara a casa que non pranta pataca, e cando pranta patacas é para toda a familia.
En todo caso, se o valoramos economicamente, e valoramos tamén o da casa, unha produción media de 20 toneladas por hectáreas, daría uns 6 millóns de quilos, é dicir, uns 3 millóns de euros. É unha actividade económica importante.

Profesionais habería uns 40-50, pero é un complemento de ingresos para 200 familias. Con máis de 5 hectáreas non creo que haia 10 explotacións. Pero con 5 hectáreas de patacas unha familia vive perfectamente en Coristanco.

Así que con estas cifras, potencialidade tena toda. Por exemplo a explotación familiar que temos nós, dá 40 días de xornal a 6 persoas, os que temos dados de alta. Pero despois, o coste de produción dun quilo de pataca son arredor de 20 céntimos, e se son 6 millóns de quilos, iso tamén son 1,2 millón de euros de insumos ou man de obra, que se xera no territorio, unha fonte de riqueza. E o límite é o mercado.

Estiven cun produtor que el só fai 300 hectáreas de patacas, como todo Coristanco. Polo tanto se esto vai asociado a unha marca, a unha búsqueda de clientes, ten toda potencialidade que queiramos.
A pataca é un cultivo moi agradecido, a pouco que fagas a cousas ben, vas ter un bo resultado, e se estamos pendentes da innovación e actualización. E iso que como Europa se está facendo moi verde, e xa non podes tratar as pragas coas ferramentas de onte. De feito caen en breve dous novos produtos, polo que haberá que tirar de medios naturais.

En xeral, temos un gran produto, un produto trascente tanto na cultura como no eido económico, que ten unha potencialidade tremenda a pouco que fagamos por el.

 
  • QPC: E falando de hectáreas, poderían medrar esas 300 traballadas?

Non creo que sexa unha cuestión de superficie. Porque se ti tes un segmento de calidade, igual te interesa ir no coidado de produto que no volume. Porque cando un vai ao volume, en xeral, vai asociada unha baixada da calidade.

Pataca kenebec de Coristanco-Foto-Casa da Tulla
Pataca kenebec de Coristanco-Foto-Casa da Tulla 
  • QPC: A couza guatemalteca é un asunto esquecido?

Non. Algún desalmando que levou patacas dun lado para outro, porque mover patacas dun sitio en cuarentena dun sitio como Betanzos a Muxía… Pero a día de hoxe está todo monitorizado, e a información que tiña eu xa fai uns meses é que remitira moito nas zonas demarcadas, e que caeran moito as poboacións de insectos.
É unha praga que necesita a pataca para sobrevivir, por tanto se se quita a pataca, quítase a praga.

 
  • QPC: Como vai esa Declaración de Festa de Interese Turístico?

De feito, xa foi aprobada en pleno. Vai por bo camiño, temos un expediente bastante ben amueblado. Para Coristanco é moi importante pola difusión, e pola posibilidade de acceder a axudas da Deputación e da propia Xunta.

 
  • QPC: Falastes dunha festa “máis técnica, máis cultural e máis gastronómica”. Por que outras liñas vaia apostar o Concello para dinamizala?

Temos unha festa que ten moitísimo potencial, porque ten que resolver varias necesidades. A primeira son os produtores, en clave de reciclaxe e actualización. No mundo pasan moitísimas cousas cada ano, e é dicífil ter acceso ás novidades técnicas, aos fluxos internacionais de mercancía… Polo tanto este ano intentamos tratar 3 temas na xornada do venres. Apersoa que máis sabe de pragas e enfermidades, Fernando Arce, que deu unha presentación excepcional. Tivemos unha sobre diferenciación, sobre posicionamento de produto… E outra sobre valores nutricionais e para erradicar os mitos de que a pataca engorda, Pasamos 3 horas, cun salón absolutamente petado.

O sábado pola mañáabrimos o recinto da maquinaria, abrimos a carpa fotográfica. Pola tarde empezamos con algo que nunca houbo, como os talleres de cociña para nenos e maiores, e a verdade é que houbo un interese espectacular, con música de soul galego. Porque queremos unha festa tranquila, onde a festa veña disfrutar, non unha festa na que nos pisemos uns aos outros. Buscamos máis ben ese visitante que busca calidade, non queremos traer unha orquestra de tirón por exemplo, para que o domingo non apareza ninguén.

O domingo foi espectacular, co desfile de tractores, e con varias ofertas, para ter a xente repartida. Volvemos recuperar a gastronomía,e para iso implicamos á restauración de Coristanco. E os restaurantes tiveron o seu espazo na propia carpa, e serviu de escaparate que vai moito máis alá das patacas.

Pola tarde houbo as actividades habituais e recuperamos un espectáculo que había, a Xincana de tractores, e algunha xente que me quere mal fíxome subir, e eu que non son un experto pero sei andar, volvín gañar como hai 30 anos. Unha cousa que se recuperou e todo o mundo tivo interese. Ademais temos un espazo para ese reto moi bo.

Hai que volver facer cousas que fagan que os coristanqueses nos sintamos orgullosos.

 

Vén de: Juan García, alcalde de Coristanco (I): "A vida política é secuestrante e deshumanizadora”.

 

OUTRAS ENTREVISTAS C@S REXEDOR@S DA COMARCA

 

Comentarios