Máis de 50 expositores na Feira de Outono de Santa Comba
01:06 02/11/18
A fin de semana de 9, 10 e 11 de novembro chega cargada a Santa Comba. A ASociación Costavales ultima os preparativos para a Feira de Outono, que encherá o Recinto Feiral con máis de 50 expositores de sectores coma artesanía, comercio, automoción, gastronomía e hostalería .
A Feira inaugúrase o venres 9 de novembro ás 17 horas e pechará as súas portas ás 21 horas, o sábado e o domingo a apertura será as 10:30h en horario ininterrumpido ate o seu peche.