Mozambique tece pontes coa Costa da Morte a través de Coristanco

Interesante visita a recibida esta pasada semana por Bergantiñs. O Concello de Coristanco recibía unha delegación técnica procedente de Mozambique, no marco dun programa de intercambio impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co obxectivo de compartir experiencias e boas prácticas en materia de xestión local, desenvolvemento rural e sustentabilidade.
Os técnicos visitantes —Onofre Muianga, da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, Plácido Sitoe, do municipio de Namaacha, e Bento Macamo, do municipio de Manhiça— puideron coñecer de primeira man diferentes proxectos que desenvolvemos en Coristanco, tanto a nivel de servizos públicos como de dinamización do territorio.

Durante a súa estancia, visitaron:
- As obras de mellora do saneamento na zona de Erbecedo.
- A planta de tratamento de augas de Coristanco.
- O Carrizal Sama, unha granxa tecnificada que amosa o valor da formación e a profesionalización do sector agrogandeiro.
- A empresa de Productos Hortícolas Casa Bustelo, un exemplo de emprendemento e calidade no sector agroalimentario.
- Unha plantación de patacas, símbolo da nosa identidade produtiva.
- O Refuxio de Verdes, onde reflexionamos sobre o valor do turismo sostible e a protección do patrimonio natural
- O Centro de Promoción do Rural EFA Fonteboa, referente en formación agraria e motor de futuro para a mocidade rural.
Foron unhas xornadas intensas e enriquecedoras, que puxo de manifesto o valor do coñecemento compartido, a cooperación entre territorios e o papel fundamental dos concellos como motores de desenvolvemento humano, económico e sostible.